La bici baja los humos a la ciudad

A bicicleta é a protagonista do último número de outubro da revista Tráfico y seguridad vial que se pode consultar na páxina web da Dirección General de Tráfico (dgt.es). Baixo o título La bici baja los humos a la ciudad, faise un completo estudo das vantaxes do uso dos transportes alternativos nos centros urbanos, un traballo ao que a Xunta Directiva da Asociación recomenda botarlle unha ollada.

A reportaxe fai unha análise do que se aforraría coa bici, tanto en tempo como en contaminación. Por exemplo, di que se aforra un 39% nos traxectos porta a porta, un 30% no custe dos desprazamentos, un 3% de accidentes, un 30% na desconxestión das rúas, un 25% en contaminación e un 36% en emisións de CO2. Por outra banda, subliña que coa bicicleta caben máis números de persoas na rúa, que no mesmo espazo que ocupan 2.000 automobilistas se poden desprazar 9.000 persoas se o fan en autobús, 14.000 en bicicleta, 19.000 a pé e 22.000 en tren.

Barcelona
Como exemplo de cidade adaptada aos transportes alternativos, a revista recolle o caso de Barcelona, e a súa iniciativa de aluguer de bicicletas para transitar polo centro da cidade. Tendo en conta que o 30% dos percorridos diarios en automóbil son inferiores a tres quilómetros e e o 50% a cinco quilómetros, está demostrado que nos urbanos, pérdese máis tempo nas caravanas de vehículos e na procura dun sitio onde aparcar que se se vai en bicicleta, en autobús ou, ás veces, incluso andando.

Polo que se refire aos accidentes, indica que un estudo feito en Europea calculou que se o risco en turismos particulares era de (100), en comparación, o da bicicleta que era de (2), por riba do tren (3) e o autobús (9).

Cambio de mentalidade
A revista recolle tamén as testemuñas de persoas que tratan de concienciar ao resto da poboación nun cambio de mentalidade que en España aínda non se ten producido, como o de Paco Segura, de Ecoloxistas en Acción, quen recoñece que la gente percibe al ciclista como un estorbo que hace frenar... y es un usuario que no ocupa espacio, que no contamina, no pone en peligro.

http://www.dgt.es/revista/archivo/pdf/num192-2008-bicis.pdf

Ningún comentario: