Paseo Nocturno




Como ven sendo habitual nestas datas o vindeiro sábado día 2 de xullo ás 23 horas faremos o tradicional paseo nocturno en bici.


O percorrido é o de costume. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas entre todos os participantes.

Procurade traer cascos e as bicis con iluminación, se é posible.

Contamos con todos! Ánimo, que de seguro pasaremos unha noite divertida!
Convence á tua familia e aos amigos!

Portugal: Saida

Despois do grato paseo do domingo pasado, en colaboración con "A Golpe de Pedal" de Vigo, imos propor unha nova saída.


Neste caso será a Portugal, a Valença.


Trátase de percorrela "Ecopista" Valença-Monçao. Daranos pe a gozar dunha pista suave de 20,50 Km, que sae de Valença a través dunha antiga vía de ferrocarril e chega a Monçao, onde temos pensado comer (aproveitaremos a ocasión para darlle ao bacallau e o viño verde).


A saída será das Carolinas (aparcadoiro do Dia), ás 9:45 do domingo 19 de xuño, para estar ás 11,30 na saída da Ecovía en Valença ás 11:30.


Esperámosvos

Ruta da auga

Domingo, 12 de xuño de 2011.

Por invitación da asociación viguesa "A Golpe de Pedal", o vindeiro domingo acudiremos á saída que organizaron, chamada "Ruta da auga".

Discorre por terras viguesas e morre en Redondela, serán en total 36 Km.

A saída ten lugar ás 11:00 da mañá (punto de encontro en Vigo "Aqualia", Rua Cantabria, s/n), e chegaremos bordeando a ladeira do monte ata Redondela.

O camiño por onde discorre é moi cómodo, ten un desnivel dun 3%. As vistas son formidables, xa que en todo momento divisamos a Ría de Vigo e Arcade, illa de San Simón, etc.
Finaliza a ruta nun lugar de descanso con mesas, onde faremos a comida. Por tanto, como sucede nestes casos, levaremos a nosa comida ao lombo e compartiremos cos demais.

Para estar á hora indicada, Arousa en Bici, organizará unha caravana que sairá ás 10:00 horas do aparcadoiro do supermercado "Dia" nas Carolinas.

Contamos con todos para pasar un bonito día.


Día Mundial do Medio Ambiente

O vindeiro domingo, 5 de xuño de 2011, conmemórase o día Mundial do Medio Ambiente, con este motivo, Arousa en Bici, propón varias actividades:


Taller mecánico en Cuntis
O sábado 4, ás 10:30 da mañá estaremos en Cuntis, convidados polo Concello, para presentar un taller de reparacións básicas de bicicletas. Convidamos a todos os que teñan curiosidade e interéselles o asunto para acudir ao evento, nos xardíns diante da Casa Consistorial.


Entrega de premios Concurso "Ao Insti en Bici"
O propio domingo 5 de xuño, ás 12:00, no Auditorio de Vilagarcía, faremos entrega dos premios do concurso "Ao Insti en Bici", aos participantes que mais días acudiron na súa bicicleta ao instituto.


Festa na Illa de Arousa
Ás 13:00 Festa do Medio Ambiente.
Sairemos do Auditorio en bicicleta até a Illa de Arousa.
Rodearemos o perímetro e festexarémolo cunha comida campestre, á maneira usual. Por iso lembramos aos participantes que leven algo para comer que compartiremos cos demais.
A ruta a seguir, atopárdela na marxe dereita de Blog. Picando no punto final da ruta aparecen as estatísticas e detalles da mesma.
Contamos con todos para pasar un día agradable, e en harmonía co noso medio.
Ánimo!!

Día da Bicicleta.

O vindeiro domingo, día 8 de maio de 2011 ás 11 da mañá, e patrocinado pola Deputación de Pontevedra co Concello, celébrase en Vilagarcía de Arousa o día da Bicicleta.
Como todos os anos esta asociación colaborará no evento, polo que rogamos máxima asistencia.
Esperamos que todos vós gocedes dun día agradable.
Un saúdo cordial.

Festa de la Bicicleta en Cambados

O domingo 1 de maio, como é tradicional, celébrase en Cambados a festa da bicicleta, para acudir a tal evento que comezará ás 11 da mañá, sairá unha expedición do parque do Cavadelo ás 10 horas.
(Rogamos puntualidade).
Animo, que é moi sinxelo!